Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Futuros Reporteiros

27/10/2008 GMT 1

Samaín 2

arao @ 11:52

p1010004.JPGp1010002.JPG

Samaín 1

arao @ 11:50

p1010019.JPGp1010012.JPG

24/10/2008 GMT 1

A gran lección

heroma @ 12:42
Bruno é un neno moi preguiceiro que só pensa en "catear" e en comer. Un día pensou que podía facer: Simularía estar enfermo para non facer os deberes e comer o dobre. Entón díxolle ao profesor:
-¡Ai...Profe...Auu...Dóeme moito a barriga!
-¡Pois vai á enfermería!
Cando chegou ao médico, preguntoulle que lle pasaba:
-¡Ah... !Dóeme moito o estómago...
Mirou nun caixón e colleu dous garfos.
-Ispete e ponte boca abaixo nesta cama.
Cando se deitou beliscouno cos garfos nas costas e preguntou se lle doía.
-¡Doe,si,doutor,doe!
Cando saíu da enfermería, xa non tivo máis problemas cos deberes.

16/10/2008 GMT 1

Descripción

anotve @ 13:20

Hace diez años, la madre de Daniel dio a luz a su segundo hijo.

Vive con sus dos padres y su hermano mayor en la callo San Pedro.

Es un chico alto, delgado, rubio, fuerte y dicen que no muy guapo. En su cabeza melenuda destacan los ojos pequeños y azules, la boca diminuta y risueña, la enorme nariz y sus orejas como antenas parabólicas.

No podemos olvidar que posee unos dientes muy desarrollados y mal colocados.

La gente dice que simpatiza con muchos vecinos y es un encanto para sus amigos. Demuestra su enorme cariño hacia la familia ayudando en todo lo que puedo. Suele estar de buen humor.

Le encantan los dulces y las filloas. De mayor quiere ser astronauta o peluquero canino. Odia la moda y la televisión.

07/10/2008 GMT 1

O conflito lingüístico

arao @ 08:25


Oímos estes días moito barullo sobre a “persecución” á que se está a someter o idioma castelán e a “restrición” de dereitos dos castelanfalantes no noso país.

        Non entendo afirmacións deste tipo cando no noso país a lingua vehicular para case todo é o castelán: a prensa, a radio, a televisión, a Internet, a oferta cultural... case ao cen por cento é castelán. Calquera comunicación dun banco, axencia de seguros, compañía de luz, teléfono, etcétera, todo está en castelán, e moi poucas son as empresas nas que se pode elixir o galego como idioma de comunicación. E en calquera sitio no que fales en castelán enténdente e aténdente nese idioma.

Se algún idioma está en inferioridade é o galego, non o castelán; e o lóxico, por ser o galego o idioma propio e singular do noso país, é que na escola se use normalmente como lingua vehicular; e iso, por moito que se diga, non é imposición, é sentido común.

A un castelanfalante que residira en París ou en Praga, poño por caso, non se lle ocorrería denunciar que no colexio do seu fillo non usasen o castelán; pero en Galicia, aquí hai que usalo, din que teñen dereito a que en España se lles ensine aos seus fillos en castelán; son os que non entenden que esa España é un Estado plurinacional, no que non existe un só idioma, senón catro... Pero aínda que tivesen algo de razón, ¿que pensan, que estudar en galego é prexudicial para a saúde? Non se dan conta de que perden unha parte importantísima da esencia do país no que viven e ao que din querer. Non ven que a riqueza idiomática é unha vantaxe... Non se dan conta de que se fan dano a si mesmos, negándose a ler e escoitar en galego cousas que nunca  van poder ler nin escoitar noutro idioma. Teñen a sorte de poder coñecer unha lingua e non a aproveitan. Son aos que lles gustaría ter o castelán como idioma universal... Coma os cans, que ouvean na China igual ca aquí

            Xosé Ramón Franco Vidal de Fene, publicado na Voz de Galicia o día 4 de outubro de 2.008

02/10/2008 GMT 1

Benvidos e benvidas a este blogue educativo

arao @ 11:22

O Alumnado de QUINTO "E" do CEIP "Ponte dos Brozos" de Arteixo e o seu Titor danlle a benvida. Queremos que nos axuden a facelo ben aportando os seus comentarios. Só rexeitamos as palabras malsoantes e as malas maneiras. Se aparecesen insultos, tacos... serían borrados á primeira ocasión. Grazas.

Dámoslle o nome "ARAO" para acordarnos desa fermosa ave mariña que desaparece por mor do lixo e a falta de intelixencia de moitas persoas que acaban con todo e só saben encher o seu peto.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis