Decálogo para delincuentes
Esto es lo que opina el juez de menores Emilio Calatayud
Esto es lo que opina el juez de menores Emilio Calatayud
Oímos estes días moito barullo sobre a “persecución” á que se está a someter o idioma castelán e a “restrición” de dereitos dos castelanfalantes no noso país.
Non entendo afirmacións deste tipo cando no noso país a lingua vehicular para case todo é o castelán: a prensa, a radio, a televisión, a Internet, a oferta cultural... case ao cen por cento é castelán. Calquera comunicación dun banco, axencia de seguros, compañía de luz, teléfono, etcétera, todo está en castelán, e moi poucas son as empresas nas que se pode elixir o galego como idioma de comunicación. E en calquera sitio no que fales en castelán enténdente e aténdente nese idioma.
Se algún idioma está en inferioridade é o galego, non o castelán; e o lóxico, por ser o galego o idioma propio e singular do noso país, é que na escola se use normalmente como lingua vehicular; e iso, por moito que se diga, non é imposición, é sentido común.
A un castelanfalante que residira en París ou en Praga, poño por caso, non se lle ocorrería denunciar que no colexio do seu fillo non usasen o castelán; pero en Galicia, aquí hai que usalo, din que teñen dereito a que en España se lles ensine aos seus fillos en castelán; son os que non entenden que esa España é un Estado plurinacional, no que non existe un só idioma, senón catro... Pero aínda que tivesen algo de razón, ¿que pensan, que estudar en galego é prexudicial para a saúde? Non se dan conta de que perden unha parte importantísima da esencia do país no que viven e ao que din querer. Non ven que a riqueza idiomática é unha vantaxe... Non se dan conta de que se fan dano a si mesmos, negándose a ler e escoitar en galego cousas que nunca van poder ler nin escoitar noutro idioma. Teñen a sorte de poder coñecer unha lingua e non a aproveitan. Son aos que lles gustaría ter o castelán como idioma universal... Coma os cans, que ouvean na China igual ca aquí
Xosé Ramón Franco Vidal de Fene, publicado na Voz de Galicia o día 4 de outubro de 2.008