Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Futuros Reporteiros

Categoría: Cantigas

19/05/2009 GMT 1

O desexo de Ana

anotve @ 09:29

Había unha vez un pobo chamado Arteixo. A xente que vivía alí estaba moi triste porque había moitas fábricas que botaban fume e contaminaban todo o ambiente, os ríos, as praias...

No monte vivía unha fada, coa cara estriada e de ollos doces, que era recibida polos veciños con indiferenza.

Todos os días camiñaba devagariño cara o centro do pobo cunha cesta de madeira, para mercar as súas cousas.

Ana era unha rapaza que sempre estaba que sempre estaba feliz, pero estrañaba aos  seus amigos, ¿ será quelevaba pouco tempo neste pobo tan triste e aburrido, entre lusco e fusco?

Un venres pola tarde, Ana foi buscar flores ao monte para regalarlle a súa nai, no camiño, arrimóuselle por detrás un cabalo negro. Era o cabalo da fábrica, todos arredaban del polo sucio que estaba.

Ana montou no animal e non se percatou do sucio que estaba e manchou toda a roupa.

Ao volver polo camiño encontrouse coa fada e afrecéuselle para levar a cesta. Estiveron falando un bo anaco e a fada díxolle que pedise un desexo, que ela ía axudar a que se cumplira.

Aquela noite Ana soñou moitas cousas, pero a máis importante era que ese pobo tan triste e contaminado se convertise nun pobo alegre e colorido cheo de árbores e prantas.

Á mañá seguinte , cando Ana despertou e se arrimou á fiestra da súa habitación, puido comprobar o cambio que tivera o pobo, xa que as rúas estaban cheas de xente cantando e bailando e o sol relumbraba nos cristais das casas.

Ana estaba moi feliz e baixou coa súa familia a celebrar o aniversario da súa nai.

Por iso, nunca temos que perder a esperanza xa que hai algúns desexos que se acaban cumplindo.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis