Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Futuros Reporteiros

17/11/2009 GMT 1

O Trasno Da Catedral

heroma @ 10:16

Estaba paseando un serán por unha rúa de Vigo, e, contemplando as fermosas follas pardas do outono, diante dos meus ollos, que por certo, sufro miopía,encontrei un home anicado que lavaba chapeu.

Acerqueime a el e tiña unha cara pálida coma a dun morto.

Esperteino e dixo con voz apagada:

-Trasno Amigo, vai pasar algo incríble: Na tore inclinada de Santiago, o día,dezaoito deste mes haberá un eclipse e farase visible un trasno. Na fardela estude os documentos que hai e vaia en procura del.- Dixo mentres facía pausas pra tusir.

Eu pensei nese intre que fora bater cun tolo.

Mais, cría nos trasnos?

El dixo:

- Non cre neles?- Debeume ler o pensamento!, e engadiu:- Eu creo neles dende rapaz, doulle a miña palabra de que existen. En Galicia hainos de todo tipo! Cate que son galego, ho!- Rematando isto, deu o seu último sopro de vida e de seguido, chamei a xente que estaba arredor para darlle sepulura ao corpo deste gran home.

O trasno Compostelán

sapavi @ 10:14

Un serán preto da noitiña, vin ao lonxe un vulto escuro nun dos bancos do paseo.

Camiñei cara ao vulto, mentres renxían as follas das árbores, e vin a silueta anicada dun home.

Ao principio, quería liscar de alí, pero unha forza irresistible achegoume ata el.trasno1.JPG

Díxenlle:

-Pasoulle algo? Esperte!

El respostou:

-Amigo, o destino tróuxoo ata min.

O home falaba debilmente, casi non lograba entendelo. Necesitaba un médico urxentemente.

El volveume falar:

-Vai acontecer unha cousa extraordinaria. Na catedral de Santiago, o dezaoito deste mes, farase visible un trasno.

As palabras do home, parecían as dun tolo.

-O trasno! A catedral!-exclamou. Vive na torre dende hai séculos e concederá un desexo.

Agora, aínda me parecía máis atolado, e díxome:

-Non vou poder chegar a Santiago, pero vostede farao por min.

Eu recomendeille:

-O que necesita é un médico.

-Escoite-dixo o home-. Teño un pé no outro mundo. A medicina xa non pode facer nada por min. Pero prométame que lle entregará a carta ao trasno.

¿Por outra parte, cría nos trasnos?

Debeume ler o pensamento e dixo:

-Non cres neles? Este trasno é miudiño; un trasno de luz.

Despois de dicir isto, morreu.

Acto seguido, pedín a sepultura do seu corpo.

O trasno da catedral de Santiago

esroba @ 09:59

Un serán, un señor miope ía escoitando o renxer das follas e veu un vulto tirado nun banco. trasgu2.jpgAchegouse. Acaneouno, era un home con chapeu medio morto. Díxolle que o dezaoito dese mes un trasno faríase visible. Tamén lle revelou que estaría na torre inclinada da catedral de Santiago. O señor miope non cría nos trasnos nin no que lle contaba. O vello moribundo nun último esforzo deulle unha fardela, desveloulle que contiña datos e unha carta, ámbalas dúas cousas moi importantes, e non parou de fitalo.

Non podía morrer sen antes escoitar que alguén buscaría o trasno. O señor miope prometeulle isto e deixou o outro mundo.

14/10/2009 GMT 1

O MISTERIO DAS CHAVES PERDIDAS

amradi @ 11:02

Hai moito tempo, nun pobo de Galicia,houbo un ladrón.
Despois dun concerto de Miguel Rodríguez, a xente volvía ás súas casas en motos e coches.
Ninguén tiña chaves. Todo o mundo estaba moi preocupado. Entón chmaron a Xesús Vázquez, o xefe da policía, e dixo:
-¡Silencio! Vaise investigar quen roubou tantas chaves. Por favor, márchense de aquí, temos que buscar probas.
Ao día seguinte, Xesús Vázquez anuncióu:
Atopamos un pano que ten bordado a letra "M". Sospeitamos de Marta Sánchez e de Miguel Rodríguez.
Marta Sánchez tiña un bolso moi pesado. A policía rexistrou e só posuía potingadas.
Miguel Rodríguez era outro sospeitoso. Revisouse a equipaxe pero tampouco tiña o que buscabamos.
Ao final, a policía foi á mansión de Miguel Rodríguez. Alí tiña tódalas chaves roubadas, detivérono e lavárono ao cárcere.

O caso das chaves

esroba @ 10:59

En Arteixo ocorre unha cousa extraordinaria, incrible. As chaves empezaron a desaparecer: a do acalde, a da cidade, as de tódalas casas... O primeiro caso foi quince días atrás, o conductor do taxi non encontraba as chaves por ningunha parte eo pobre home quedou sen traballo. Chámase Miguel Regueira  .Tamén se foron de paseo as de Miguel Regueiro, conductor de autobús. Outro sen emprego . Logo a Garda Civil puxo cámaras para atopar o saqueador.

Despois duns dias, a policia descubriu que as cámaras estaban pirateadas e tiveron que recurrir o C.S.I. Escondéronsevarios axentes especiais arredor das casa do barrio. Lograron tomar imaxes e recoñeceron ao ladrón coma un  amargado ex-fabricante de chaves.

Deduciron que quería rouubar tódalas chaves para poder entrar ao seu antollo  en tódolos lugares que lle apetecera . Cando intentou asaltar o banco, o C.S.I encerrouno e rematou o terror.

16/06/2009 GMT 1

Amigos

arao @ 12:15

Martes 16 de junio de 2009, La Voz de Galicia

Por Xosé Carlos Caneiro

Éunha palabra devaluada a que titula esta columna. Non obstante, certifico a súa grandeza e necesidade. Ratifico a súa urxencia nestes malos tempos que vivimos. Cando ninguén aparece, sempre quedan os amigos. Van sen que ti o pidas. Están para todo. Para os consellos (eses que nunca aceptamos), para acompañar ata que sae o sol mentres recitas poemas a unha lúa que só podes ver ti. Os amigos son un seguro contra a crise (ese substantivo que Feijoo se empeña en denominar «crisi», quizá para que pareza diminuta). Os amigos están sempre e nunca marchan, aínda que marchen a Andorra ou Venezuela. Vante ver cando che doe a alma. Abrázante, como só abrazan os amigos. Son tenrura aínda que en ocasións aparenten pétreos. Se saben que estás mal non tes que chamalos porque os amigos de verdade son os que non faltan, certamente, cando a vida semella un gato panza arriba. Falo dos amigos, ¿sabes? Son o mellor patrimonio e unha das grandes fortunas do ser humano. Beben contigo, contigo cantan, discuten do divino e do humano para chegar a ningunha parte. Os amigos non se distancian nin cando casan, teñen fillos, e tantas preocupacións. Os amigos están sempre aínda que non chamen. Non hai día que non pensen en ti. Rin contigo e, se fai falta, contigo choran ata afogar entre vasos as penas. Os amigos cambiarían a súa risa para que ti non tiveras lágrimas. Conxugan só o verbo dar . Son imprescindibles. E nunca son demasiados. Os amigos que saben todo de ti. Os que te botan de menos cando non estás. Os que lamentan os teus fracasos e gozan máis ca ti os éxitos. Os amigos curan, salvan do tedio, alimentan a miña fe no ser humano. Polos amigos escribo este De bar en bar que me sae das entrañas. Como saen todas as cousas importantes, a vida. Por eles levanto a copa en medio de xuño, en medio do corazón. Polo sol que nos dan. Porque sen eles somos nada. Apenas.

12/06/2009 GMT 1

Os nosos devanceiros

arao @ 12:38

Un mércores do mes de maio, o Alumnado de QUINTO (seis aulas de 24) botou as mochilas ás costas e puxo rumbo á provincia de Lugo. Alí pasamos un bo cacho, menos do merecido, ollando a muralla romana desta fermosa cidade galega, amén de certos detalles da catedral.

Tiñamos hora sinalada para chegar ao castro de Viladonga, 12 e media, pero algúns teñen o corpo mal educado e... (necesidades fisiolóxicas).

No citado castro tamén houbo quen buscaba resto milenarios polos camiños do poboado. ¡Esa tele! Chegamos ao museo e déronse conta de que atopar cousas interesantes non é doado. Cremos que aprenderon algo.

p1010082.JPGCamiño de Meira, os ratiños facían cóxegas nos baleiros bandullos.

Contan que o lugar era seguro e amplo pero que esperaban xantar nun restaurante (¡Cento cincuenta persoas!).

Un dos desexos relevantes era consumir. Ata que os levamos aos bares nos que vendían xelados, só se oían queixas. Tantas foron que ata parecía moito tempo o empregado polos dous grupos de mestres/mestras no xantar. Tamén houbo quen, despois de ser moi avisado, tomou a decisión de marchar con outro para mercar ¡outro xelado!.

Recoñecemos que a praza de Meira non quedou tan limpa como cando chegamos. Os rapaces e rapazas de hoxe deben ter os oídos pouco limpos.

Seguindo coas protestas, o nacemento do río MIño merece más tempo de visita. De pouco valía dicirlles que quedaban outras cousas por ver. Algúns aproveitaron para mollar e mollarse.

Por unha das rectas máis longas das estradas galegas, chegamos a Vilalba, capital da Terra Cha. Xogaron un pouco e merendaron.

Última protesta:

-¿"Por qué no vamos a Cospeito"?

-Porque non nos queda tempo e hai que ser sinceros e chegar, máis ou menos, á hora que dixemos a vosos Pais e Nais.

-Queremos ir a Cospeito.

(Non fomos á lagoa de Cospeito, pola razón apuntada)

Esperamos que servira de algo deixar a aula e embarcarse nunha aventura desta envergadura.

19/05/2009 GMT 1

Románico

arao @ 12:42

O desexo de Ana

anotve @ 09:29

Había unha vez un pobo chamado Arteixo. A xente que vivía alí estaba moi triste porque había moitas fábricas que botaban fume e contaminaban todo o ambiente, os ríos, as praias...

No monte vivía unha fada, coa cara estriada e de ollos doces, que era recibida polos veciños con indiferenza.

Todos os días camiñaba devagariño cara o centro do pobo cunha cesta de madeira, para mercar as súas cousas.

Ana era unha rapaza que sempre estaba que sempre estaba feliz, pero estrañaba aos  seus amigos, ¿ será quelevaba pouco tempo neste pobo tan triste e aburrido, entre lusco e fusco?

Un venres pola tarde, Ana foi buscar flores ao monte para regalarlle a súa nai, no camiño, arrimóuselle por detrás un cabalo negro. Era o cabalo da fábrica, todos arredaban del polo sucio que estaba.

Ana montou no animal e non se percatou do sucio que estaba e manchou toda a roupa.

Ao volver polo camiño encontrouse coa fada e afrecéuselle para levar a cesta. Estiveron falando un bo anaco e a fada díxolle que pedise un desexo, que ela ía axudar a que se cumplira.

Aquela noite Ana soñou moitas cousas, pero a máis importante era que ese pobo tan triste e contaminado se convertise nun pobo alegre e colorido cheo de árbores e prantas.

Á mañá seguinte , cando Ana despertou e se arrimou á fiestra da súa habitación, puido comprobar o cambio que tivera o pobo, xa que as rúas estaban cheas de xente cantando e bailando e o sol relumbraba nos cristais das casas.

Ana estaba moi feliz e baixou coa súa familia a celebrar o aniversario da súa nai.

Por iso, nunca temos que perder a esperanza xa que hai algúns desexos que se acaban cumplindo.

13/05/2009 GMT 1

O reino do mar

esroba @ 09:09

Érase unha vez un país moi lonxano. Vivían nel as quenllas e outros peixes. Ata que un día, chegou unha manda de luras xigantes. Tiñan tanta fame, comían taimages.jpegnto quenllas coma outros animais.Un día, chegou un individuo. Era: alto, fornido, guapo e levaba un tridente. Gustáballecomer ostras e cangrexos. Creo que se chamaba Poseidón. Unha lura achegóuselle con ansias  asasinas, bateu nela e morreu. Fixeron unha guerra e gañaron os de Poseidón. Despois as quenllas comezaron a comer os outros peixes e estes queixáronse. O rei dixo:

-Tedes dúas opcións: ou esperades a que as quenllas nazan sen dentes ou vos  nacedes eles máis grandes e fortes.

Posou a coroa aos pés do trono e marchou maxestuosamente.

Moitos políticos deberían tomar nota e irse cando non teñen solucións.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis